martes, 22 de julio de 2008

GRAVE LESION DE LUIS MORO



O pasado 19 do presente mes, pasara a ser un dos días mais duros para o noso atleta mais laureado o pertiguista Luís Fernando Moro, que sufría un grave accidente durante a disputa do Campionato de España Promesa na localidade de Monzón.
Luís Fernando caia sobre o caxetin da zona de pértega no seu primeiro intento, e rompendo o ligamento cruzado do seu xeonllo esquerdo así como o ligamento lateral interno de xeito parcial.
Unha grave lesión que imporá unha importante operación e como mínimo un parón de 8 meses para o noso atleta
Nembargante, Luís Fernando é optimista e espera poder voltar as pistas de novo hacia o mes de Abril ou Maio do vindeiro ano.
Así o desexamos tamén todos os seus compañeiros do club, que non dubidamos da fortaleza moral e mental de Luís que o farán superar esta dura proba sobre todo con forza de vontade e tesón.


¡¡¡ANIMO LUIS!!

1 comentario:

Anónimo dijo...

¡ÁNIMO LUIS, TODOS EN O BARCO SABEMOS QUE ERES EL MEJOR Y QUE CON TIEMPO Y ESFUERZO, VAS A SUPERAR TAMBIEN ESTE LISTÓN!
UN ABRAZO Y ADELANTE