martes, 8 de julio de 2008

RESULTADOS

CAMPIONATO DE ESPAÑA JUVENIL PISTA AIRE LIBRE
Almeria 05-06 de Xullo do 2008

“A sorte non estivo cos nosos atletas”

As pistas de Almería nas que no ano 2005 celebráranse os Campionatos Iberoamericanos acolleron este fin de semana o Campionato de España Xuvenil,
ó que acudiron os nosos atletas Carlos Revuelta, Laura Pérez e Leticia Gil.
Segundo os nosos atletas a organización non estivo do todo mal, inda que tivo algúns erros, como o marxinamento dos lanzadores de martelo e peso, os que non deixaron lanzar na pista principal e trasladáronos a outra que se atopaba o lado, e a falta de establecementos nas pistas.
Na xornada do Sábado pola tarde tocoulle actuar o atleta Carlos Revuelta no lanzamento de martelo, non tivo unha das súas mellores competicións, xa que estivo lonxe da súa mellor marca. Aínda que na mellora conseguiu poñerse segundo, no último lanzamento dous dos lanzadores melloraron a marca ata quedarse el cunha marca de 59,23 m. nun 4º posto que lle soubo a pouco pero que estamos seguros de que para o ano que ven mellorará .
Xa na última xornada do campionato, o domingo pola tarde, primeiro tocoulle actuar no lanzamento de martelo a atleta Laura Pérez que fixo unha boa actuación para a pouca preparación que levaba, conseguindo un 9º posto, as portas da mellora e cunha marca de 37,12 m. A atleta Leticia Gil actuaba nos 100 m. valados quedando 6ª na súa semifinal cunha marca pobre de 16.15 e de seguido na lonxitude tendo unha mala competición quedando 10ª cunha marca de 5.04 m. e moi lonxe de entrar a mellora, por último o atleta Carlos Revuelta tamén competiu no lanzamento de disco, quedando 10º e cunha marca de 37,14.
Cabe destacar a cantidade de vento que facía xa que non permitiu a celebración da pértega feminina, e tívose que trasladar a proba a un módulo cuberto.
Este non será un campionato para recordar xa que ningún dos nosos atletas estivo dentro das súas posibilidades pero seguro que os nosos atletas aprenderán dos seus erros e para o ano que ven acadarán os seus obxectivos.



CRITERIUM GALEGO DE SALTO E LANZAMENTOS
Lugo 05 de xullo do 2008

As pistas de atletismo do Estadio “Gregorio Pérez Rivera” de Lugo, acolleron o longo do sábado un novo Criterium Galego de saltos e Lanzamentos, cerca de media ducia de atletas do club se desprazaron ata Lugo para a disputa de este Criterium.
Inda que as marcas non foron boas, esta competición sírvelles de test para o próximo Campionato Galego Absoluto.
A única atleta feminina do club que participou foi Raquel Lameiro, que reaparece dispois de un longo tempo lonxe das pistas de atletismo, esta será a primeira competición en este ano fora das pistas de O Barco, e participaría no triplo salto facendo unha marca de 10,84 m.
Xulio Ventin que reaparecería dispois dunha lesión que non lle permitiu participar no pasado Campionato de España de Veterans, competiría en varias probas no salto de pértega onde chegou a saltar 3,40 m, no triplo salto faría 10,24 m, tamén lanzou o disco enviando o artefacto a 33, 80 m. e finalmente no lanzamento de martelo lanzando 37,30 m.
Outro veterano que participou foi o Campión de España de xavelina Luís Nogueira rematando 4º en unha competición de gran nivel na que participou o mellor lanzador no ranking español Gustavo Dacal, Luís lanzaría a xavelina a 62,90 m.
No lanzamento de peso, onde tamén habería un gran nivel e o noso lanzador Jesus García remataría 4º na xeral e 3º na categoría sénior con unha marca 12,35 m.
Xa por ultimo, no lanzamento de disco o atleta Juan Carlos Lareo, que sigue na busqueda dos 40 m. en esta ocasión o seu mellor lanzamento foi de 38,80 m. rematando 3º na xeral.


OUTROS RESULTADOS:

IIº TROFEO ALFONSO POSADA
Vigo 03 de xullo do 2008

O pasado xoves celebrouse o “IIº Trofeo Alfonso Posada” na pista de Balaidos en Vigo, onde participarían os nosos velocistas Miguel Fernández e Bruno de Sousa e o veterano Xulio Ventin no salto con pértega, onde saltaría 3,41 m. e intentando 3,61 m. Nos 100 m. lisos Miguel Fernández correría na serie mais rápida e contra dous dos mellores velocista galegos rematando 7º cun tempo de 12”05 e Bruno correría na segunda rematando 3º con 12”10, Bruno volvería a participar, pero esta vez nos 200 m. lisos rematando 6º con 24”52.


CARREIRA NOCTURNA DE CELANOVA
Celanova 28 de xuño do 2008
CARREIRA POPULAR DE LEIRO

Leiro 06 de xullo do 2008

Os nosos fondistas seguen a dar de que falar nas diferentes populares que se ven celebrando na nosa provincia.
Agora que o dominio (a nivel provincial) nas populares era de Manuel Prieto, salvo nas “subidas” que son dominio de Elpidio Gomez, aparece en escena Jose Manuel Ramos que nas ultimas dúas carreiras estase metendo no podio, se en Celanova na Carreira Nocturna, onde había un bo nivel, con atletas como Pedro Nimo, Martinez Duran e atletas portugueses, Ramos remataría 3º e na Popular de Leiro, onde o nivel e xa moito mais alto con atletas da talla do triatleta galego Gomez Noya, Gustavo Nieves, Elías Domínguez, un histórico do fondo galego e español Carlos Adan, atletas portugueses, o noso atleta remataría 12º na xeral e 7º na súa categoría, en esta mesma proba tamén participaría o atleta veterano Manuel Garcia Alfonso.


RESULTADOS NOCTURNA DE CELANOVA

RESULTADOS POPULAR DE LEIRO

No hay comentarios: