domingo, 23 de noviembre de 2008

EVENTOS


PREMIOS NACIONAIS DO DEPORTE GALEGO 07/08

O Club ADAS-Proinor ven de ser premiado pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, "á mellor iniciativa en deporte base".
A Gala terá lugar o próximo venres 28 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra e ata alá desprazarase unha delegación do club, co presidente, D. Agustin Gonzalez, a cabeza.
O xurado, formado por representantes da Consellería de Cultura e Deporte e deportistas de recoñecido prestixio, decidiu que o galardonado co premio "a mellor iniciativa en deporte base" fora para o noso club, o que constituye un gran exito o traballo realizado por "todos" nestes 26 anos de existencia.

No hay comentarios: