sábado, 13 de diciembre de 2008

DELEGACIÓN EN VALDEORRAS DA F.G.A

A DELEGACION DE ATLETISMO DE O BARCO ESTA A CONFIGURAR A SUA DIRECTIVA

Despois da creación de esta nova Delegación en Valdeorras da F.G.A, seguen a realizarse os contactos pertinentes para configurar a que será a nova directiva de esta delegación.
Deste xeito parece estar confirmado o nome do delegado, que será Carlos Revuelta Mendez, representante de atletas na F.G.A pola provincia de Ourense, atleta veterano especialista en probas de fondo e de lanzamentos. Carlos conta con 48 anos de idade, e recentemente ven de acadar a condición de xuíz territorial de atletismo.
O posto de secretario seria ocupado por outro xuíz, Miguel Angel Martinez, un asiduo tamén nas probas de atletismo popular.
A dirección técnica parece ser que será levada por Agustin Gonzalez “Tinin”, mentres que para os demais postos da xunta directiva tamén se conta con Ivan Estevez, como representante do estamento de xuíces, un representante de entrenadores, 2 representantes de clubs, e outros 2 ou tres membros todavia sen designar.

No hay comentarios: