domingo, 7 de diciembre de 2008

RESULTADOS

IX CARREIRA EXPOURENSE - MEGAXOVE
Ourense 6 de decembro do 2008


OS ATLETAS DO ADAS DESTACARON EN OURENSE DURANTE A DISPUTA DA CARREIRA POPULAR "MEGAXOVE"

En efecto,o pasado dia 6 de Decembro desprazouse a Ourense un importante número de efectivos do clube para participar na xa tradicional carreira do MEGAXOVE. Hay que decir que a Organizacion estivo a un alto nivel e que a climatoloxía non estivo todo o mal que pensamos que ia a estar. No capitulo de resultados, moitos serían os destacados, pois houbo un elevado nº de deportistas que subiu o podium. A pesar de elo temos que destacar en benxamíns, a Isabel e Uxía que foron 2ª e 3ª respectivamente. Tamén a Roberto, Manueliño de Xinzo e César en Benxamín masc. En canto a carreira alevín,victoria para a rapaza da Limia, Aida Martinez, que fixo unha auténtica exhibicón. Si falamos dos rapaces,o mellor situado sería Víctor Fernández. Na carreira infantil, a mellor valdeorresa sería Casandra Cristobao, no posto 7ª. Pero nos rapaces a historia foi diferente, xa que os favoritos, Dani Devesa e Guti González , serían os vencedores entrando neste orde na linea de meta. A categoría cadete amosounos a unha excelente Lucy ashcroft, que se sigue nesta línea pode acadar grandes éxitos nesta tempada. Dos rapaces esperabamos o mellor, pero o certo e que o resultado foi mellor do que preveíamos. Así victoria espectacular de Javier Rivero, seguido dun recuperado Cristian Fernandez.
En xuvenil feminino, doblete do ADAS, con Mónica e Tania facendo unha gran competición. No apartado masculino, bon debut de Carlos Real que estivo cerca da cabeza, rematando na 4ª posición, xa no apartado junior, 2ª foi Angela Rguez. Fornos.
Mención aparte para os nosos senior e absolutos, que bordaron a súa participación, acadando a 2ª posición absoluta Victor Conde e a 3ª Jesus Fernandez, sendo 4º Oscar Ramos. En féminas destacar a 3ª posición en Veterans de M-35 anos da nosa incombustible Mª José Trincado, así como a 2ª de Carmen Expósito en M-45 anos. En veterans masculino, M-35 1º Víctor Conde e en M-55 3º foi Fernado González. Excelente tamén José Antonio Capelo en M-45 que foi 6º .

Agora a esperar as próximas citas do fin de semana. San cibrao e Memorial Abanqueiro,para seguir poñéndonos a tono.

RESULTADOS

1 comentario:

Anónimo dijo...

NORABOA A TODOS.MOI BEN CRISTIAN.DE NOVO TEMOLO EN FORMA. FANTASTICOS TAMEN OS E AS DE XINZO. ESTA TEMPORADA PODE SER ESPECTACULAR,SI A SORTE NOS ACOMPAÑA.SAUDOS.TININ