4 VETERANS DO ADAS PROINOR NOS NACIOAIS DE P.C.
Celébrase durante este fin de semana en Zaragoza unha nova edición dos Ctos. de España de Veterans en P.C. Mais de 1000 atletas inscritos tentarán acadar un posto de privilexio nun Campionato que un ano e outro tamén segue a crecer na súa participación.
Por parte Valdeorresa, 4 serán os participantes no evento. Carmen Expósito será a única dama, e a hora de facer esta crónica acaba de conseguir o 6º posto na final dos 3.000 m. na categoría w-50. Mañá tocaralle o turno os 1500 m.
En canto os homes, Xulio Ventín será o máis polivalente, pois estará presente en 5 probas. Durante o sábado xa subiu ó máis alto do pódium na proba de 60 m. valads, e vai de 1º tamén na proba de Pentatlon de M-45. Xulio deberá todavía completar o Pentatlon durante o domingo e ademais participará na altura, pértiga e peso.
En canto os outros 2 participantes valdeorreses, Jose Manuel Bao acadou a final dos 60 m.l. de M-50, e no momento de escribir esta crónica estará a punto de correr a final, donde non descarta subir a algún caixón do pódium.
Finalmente Fernando González proclamouse brilante campión na proba de 400 de M-55, cunha boa marca de 1´00 e o domingo tocaralle o turno os 200 m.l. donde tamén parte con opcións de medalla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario