CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE CAMPO A TRAVÉS
A Coruña 22 de febreiro do 2009
O pasado fin de semana A Coruña acolleu o Cpto. Galego absoluto de campo a través no sinuoso e espectacular circuíto de A Torre, onde o ano que ven, farase o Campionato de España da especialidade.
O club participou co equipo sénior masculino, onde todos os integrantes do equipo realizaron unha boa carreira e o final so puideron rematar cuartos a un punto do terceiro posto ocupado polo equipo local do Comarca Coruña, o primeiro foi para o Ourense Atletismo e o segundo posto para a Sociedade Gimnastica de Pontevedra, os favoritos a priori.
A nivel individual, o vencedor da proba resultaría un gran conocido en Valdeorras, Manuel Penas do Chapín Xerez.
Os nosos atletas ocuparían os seguintes postos:
16º - Gilberto Alvarez
27º - Manuel Prieto
32º - José Manuel Ramos
48º - Alberto Asensio
52º - Jesus Fernández
78º - Javier Fernández
90º - Tomas Fraiz
RESULTADOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario