jueves, 12 de marzo de 2009

RESULTADOS

IIª COPA XUNTA DE GALICIA DE PISTA CUBERTA
CRITERIUM CATEGORÍAS MENORES
A Coruña 8 de marzo do 2009

"11 MEDALLAS, BALANCE DO ADAS NA COPA
XUNTA DE GALICIA"

Excelente bagaxe a conseguida polo Club ADAS PROINOR DE O BARCO na 2ª Copa Xunta de Galicia de Categorías Menores.
As 12 medallas acadadas amosan con exactitude o traballo realizado polo noso club nos últimos anos.
Así destacaremos os 3 ouros de María González en altura (1'44 m.), lonxitude (4.94 m.) e 50 m.valados. Tamén meritorios son os bronces de Xaime García en altura e 50 m.valados, ambos atletas da categoría infantil.
Na categoría Alevín, sería Emma López a auténtica protagonista, batindo o Récord Galego Alevín en lanzamento de peso e gañando o ouro nos 50 m.l. En Alevín masculino, Kevin Fernández acadaría o bronce en lonxitude. Na categoría benxamín, Aida Martinez Barja, acadaba a prata en 1000 m. Xa en Infantil masculino Daniel González sería 2º nos 3.000 m.l. Por outra banda, en Benxamín feminino, Tania Ramos sería 3ª en lonxitude.
Na foto: Emma López

RESULTADOS

No hay comentarios: