jueves, 19 de marzo de 2009

RESULTADOS

CPTO. GALEGO CADETE PISTA CUBERTA
A Coruña 15 de marzo do 2009

"10 MEDALLAS NO GALEGO CADETE DE PISTA CUBERTA
"

O pasado fin de semana as xóvenes promesas do club realizaron unha gran competición no Cpto. Galego de pista cuberta celebrados unha vez mais nas pistas de Riazor.
2 campionatos galegos,6 sub.campionatos e 2 bronces foi o balance final da competición que tivo en Lorena Guitián, María González e Javier Rivero os grandes protagonistas do día.
O limiano Javier Rivero acadaba 2 sub-campionatos, en 600 e en 1000 m. , que lle supoñían ,ademais ,a marca mínima para os Nacionais a celebrar en Oviedo o vindeiro sábado.
Pola súa banda , María González acadaba a mínima en lonxitude, 5.02 m., que lle daba tamén o título, e sería 2ª en altura e mais terceira na pértega, na que non realizou unha boa competición.
Lorena Guitián volveu polos seus fueros en altura e gañaba cunha marca de 1.56 m., sendo 2ª en 50 m.v. e mais en 50 m.l.
As outras 2 medallas virían da man de Vicente Fontán, 2º en lonxitude, con 5.00 m. e 3º en pértega.
Hai que destacar tamén a 4ª posición de Lucy Ashcroft en 600, e a 5ªe en 50 m.v.
Outros participantes destacados serían Miriam Ares, 6ª no 1000, e Ayoub Nagihi, 8º nos 3000 m.

RESULTADOS

No hay comentarios: