martes, 31 de marzo de 2009

RESULTADOS

1/2 MARATÓN GRAN BAHÍA VIG-BAY
Vigo 29 de marzo do 2009

Preto de 3.100 atletas tomaron a saída para percorrer os 21,097 km. que separan Vigo
de Baiona, as condicións climáticas foron boas axudando a conseguir o record de participación.
Un numeroso grupo de atletas do club desprazáronse ata Vigo para a participación de dita carreira, destacar a boa carreira do alaricano Víctor Conde que remataría no posto 27º da xeral e 6º na categoría de veteranos A tardando en facer o circuíto 1h14'11", outro atleta que tamén destacou foi Javier Fernández que remataría 69º cunha marca de 1h17'19" ambos atletas xa ten a marca mínima para participar no Campionato de España da distancia.
Tamén participaron no posto 342º Manuel Rodríguez con 1h25'28", no 366º remataría Ruben Marcos León con unha marca de 1h26'03, outros atletas que participaron foron José Ricardo Vieites, Miguel Angel Fernández, Miguel Angel Martinez, Miguel Angel González, Manuel Garcia e José Benito Nóvoa.

Na foto: Javier Fernández


RESULTADOS


XORNADA PREVIA COMARCAL ATLETISMO ESCOLAR PISTA AIRE LIBRE O Barco 28 de marzo do 2009

"MARÍA GONZÁLEZ E EMMA LÓPEZ SOBRESAÍNTES NO INICIO DA TEMPORADA ESCOLAR EN VALDEORRAS."

Non podía empezar mellor a temporada de Aire
Libre escolar en Valdeorras este pasado fin semana no estadio municipal de xa que 2 atletas do adas proinor realizaban unha excepcional competición en lonxitude. María González acadaba a mínima de Aire Libre cun espectacular salto de 5.10,mentres que Emma López batía o récord galego en categoría Alevín cun salto de 4.61 m.
Polo demais, houbo marcas interesantes e sobre todo unha boa participación, que augura unha xornada interesante en Ourense o vindeiro día 25 de Abril. Destacar a participación de rapaces e rapazas do ADAS, Divina Pastora, Manzaneda e Viana, este último con máis de 50 rapaces e rapazas.


RESULTADOS

No hay comentarios: