"LORENA GUITIAN SUB-CAMPIONA DE ESPAÑA CADETE EN PISTA CUBERTA"
María González 8ª en altura , Lorena 7ª en 60 m.v. e Rivero 10º nos 600 m.l
Lorena Guitián acadaba en Oviedo o pasado fin de semana unha nova medalla de prata(e xa van 3) Non partía con unha das mellores marcas, pero Lorena, unha vez máis demostrou ser unha grande competidora e fixo en Oviedo a súa mellor marca da temporada, que parece presaxiar a posibilidade de acercarse o ansiado 1.70 m. nesta temporada de aire libre.Tampouco fallou nos 60 m.valados e acadou o pase a final, na que foi 7ª, eso si mellorando 15 centésimas a súa marca e deixándoa en 9"41. María González debutaba nun campionato de alto nivel e a verdade e que competiu a unha gran altura, mellorando a súa marca de sempre de 1.53 m. na altura e deixándoa unhos esperanzadores 1.54 m., que lle valeron un posto de finalista. En lonxitude, un pouco cansada pola proba de altura, non collía táboa en ningún salto e "solo" poido ser 12ª. Pola súa banda, Javier Rivero, non podía meterse na final dos 600 m.l , a pesar de que o intentou todo, gastando quizais, demasiadas forzas. O seu 10º posto debe servirlle para preparar con mais gañas si cabe o nacional de aire libre, para o que inda queda moito tempo.Por certo o Club ADAS foi o club galego que aportou mais atletas o campionato.
Noraboa a todos.
RESULTADOS
VÍDEOS:
COMPETICIÓN DO SALTO DE ALTURA
COMPETICIÓN DA LONXITUDE
COMPETICIÓN DOS 300.M.L
COMPETICIÓN DOS 60 M.VALADOS
(CORTESÍA DA R.F.E.A)
No hay comentarios:
Publicar un comentario