miércoles, 27 de mayo de 2009

RESULTADOS

CPTO. GALEGO CADETE PISTA AIRE LIBRE
Cangas 09 de maio do 2009

"O CLUBE ADAS REALIZA UN FANTASTICO GALEGO CADETE"

Celebrouse en Cangas o Cpto. Galego da categoría cadete, con importantes e bos resultados para o atletismo valdeorrés.
Varios foron os atletas que conseguiron algún triplete, como foi o caso de Maria Gonzalez (campiona galega en lonxitude e triple salto e sub-campiona no salto de altura) ou o caso de Lorena Guitián, ( campiona galega no salto de altura, 2ª en 100 m. valados e 3ª en 100 m. lisos). Excelente tamén Lucy Ashcroft 2ª en 300 m.valados e 3ª nos 100 m. valados, o limiano Javier Rivero tamen seria primeiro nos 300 m. valados mentres que era 4º no 1000.Outro ouro se iría tamén para Vicente Fontan , en lonxitude, así como o bronce na xabalina, mentras que Ruben Andrade acadaba o bronce en disco e a prata en martelo.

Na foto Maria Gonzalez.

No hay comentarios: