domingo, 7 de junio de 2009

COMPETICION

CRITERIUM GALEGO DE CATEGORIAS MENORES
Pontevedra 6 de xuño do 2009

"10 MEDALLAS FOI O BALANCE DO ADAS EN PONTEVEDRA"

Excelentes estiveron os nosos cativos nas pista do C.G.T.D de Pontevedra, desafiando as inclemencias do tempo, no Criterium de Menores celebrado o pasado sábado.
Unha vez mais temos que falar de medallas, porque foron 10 as acadadas polos nosos nenos e nenas , benxamíns, alevíns e infantís.
Mención especial para os nosos limianos que siguen a crecer atléticamente e brilaron en especialidades tan complicadas como a marcha onde tiveron a 4 representantes. En infantil, prata de novo para Manuel Loertscher e prta para a benxamín Elena Gonzalez.
Dani Glez. acadaba unha prata en 80 m.l e un bronce en 220 m.v. mentres que no 3000 m.l sufría unha paralización da proba cando se levaban 4 voltas e terá que esperar ata o día 20 para celebrala.
En canto os barquenses, ouro para Guti nos obstáculos, con marca persoal incluida, e ouro para Emma Lopez en 60 m.l e peso, con récord galego alevín incluido (11.48 m.)mentres que Lucía era prata tamén no peso.

¡Noraboa e Felices Vacacións!


RESULTADOS

No hay comentarios: