domingo, 28 de junio de 2009

RESULTADOS

CPTO. GALEGO DE VETERANS PISTA AIRE LIBRE
O Barco 27 de xuño do 2009

"O CLUBE ADAS PROINOR OBTEN 21 CAMPIONS GALEGOS E 33 MEDALLAS NO CTO. GALEGO DE VETERANS CELEBRADO EN O BARCO"

O Barco voltaba a ser sede dun Cto. Galego unha vez mais e non defraudou. Ata a última proba a puntualidade foi a nota predominante, así como a elevada participación.
Os atletas valdeorreses non defraudaron e acadaban unha bagaxe importante de medallas, totalizando 33, das cales serían 21 de ouro,7 de prata e 5 de bronce. Houbo varios tripletes de ouro, como foi o caso de Nogueira (xabalina,triple e peso), Xulio Ventín(pértiga,peso e disco), Raquel Lameiro (triple,altura e lonxitude), e sen olvidar a Fernando Glez.(400 m.l e 200 m.l ), Carmen Exposito (200 m.l e 400 m.l), Manolo Garcia (200 m.l e 400 m.l),Juan Carlos Lareo(disco e peso), Mª José(altura ), Jose Barreiro (xabalina), Paco Bao (xabalina) ,ou os fondistas do 10.000 m.l, Meijome e Capelo.
Todos eles son os nosos Campións do ano 2009. Agora a loitar polo Nacional a vindeira semana.

1 comentario:

suso dijo...

jur jur es que me parto con tanto dominio,no me estrañaria que super carracedo y jesus garcia dominen la marcha veterana en dos años.ese pequeñin ya tiene los 40 metros en disco,aupa mones,,,,,,,