domingo, 7 de junio de 2009

COMPETICION

O ADAS DEBUTA NO GALEGO ESCOLAR DE TENIS DE MESA

O Pasado fin de semana os equipos infantil e cadete masculino do Clube ADAS acudiron por 1ª vez o Cto. Galego escolar por equipos de Tenis de Mesa.
Pepe Trincado, adestrador de ambas categorías quedaba moi satisfeito desta primeira experiencia nunha disciplina dun gran nivel en Galicia. O equipo infantil (GUTI-JAVI-KEVIN D.- KEVIN R.) acadaba o 9º posto , despois de realizar unha excelente 2ª fase. Pola súa banda os cadetes, a pesar de acadar a 9ª posición tamén amosaron excelentes maneiras.
A nota positiva é que todos eles repetirán categoría o ano que ven.

No hay comentarios: