A paxina web "CORRER EN GALICIA" ven de facer unha entrevista a un dos nosos atletas populares, a Xose Manuel Meijome (Kandpalleiro):
Hoxe continuamos a nosa serie para coñecer corredores con Kandpalleiro, foreiro dende os primeiros tempos da web, corredor, nadador, ciclista e amante do deporte en xeral. Ademais, como moitos sabedes foi o iniciador do Circuito da web aló polo 2006, o primeiro destas características en Galicia, logrando reunir daquela a medio centenar de corredores entorno a súa afición.
A ficha de... Kandpalleiro:
Cando e por que empezaches a correr?Pois escomencei nas carreiras no instituto en Lalín porque corríamos para coller fondo no baloncesto e había unha carreira e alí nos puxemos na saída varios amigos...
Canto tempo levas nisto? Aquelo debeu ser no 1986...e logo mais en serio cando quixen facer triatlón (aló polo 1990) o ano 1991 corrín a miña primeira maraton en Toral de los Vados. Cando fumos a vivir a Verín e tivemos ós cativos deixeino e engordei 35 kg. A partir do asunto 'Prestige' e de unha profunda decepción persoal escomencei a facer novamente deporte, primeiro nadando e logo xa correndo outra vez... e levo con vosco dende 2003.
Por que segues correndo? Porque o preciso física e psicoloxicamente e porque me reporta moitas satisfaccions como o simpre feito de planificar unha tarefa e levala a cabo.
Practicas outros deportes?Amo a bicicleta, a de carreiras. Saio sempre que podo mais como traballo pola mañan pois quedame pouco tempo para sair durante a semana e xa co inverno enrriba non se disfruta dela si non tes algo de forza. Adoito ir nadar porque é bó para os meus pulmons e tamén me axuda a pensar. E xa que "chapoteo", 'bicicleteo' e 'correteo' pois fago o deporte no que Galicia é potencia mundial: O triatlon.
Recordas a túa primeira carreira e como che foi? Foi en Lalín; a organizaba o instituto de FP (o Laxeiro) e debeu ser en 1986.
De que proba gardas un recordo especial? Do 1º triatlón A que rematei en 1991 e da Travesía Integral dos montes Aquilianos de 2008.
Algún abandono ou mala experiencia? Claro, as mais dolorosas: Un triatlon en Cambre no 1993 (rotura de fibras). A media maratón do ribeiro -campeonato de españa 2004- Lesión de xeonllo. e o II Cross de Galicia agora en 2009 (rotura de fibras).
En que competición che gustaría participar? A miña dona respostavos esa: En cal non quere participar?
Cantos días e quilómetros adestras por semana? Nun plano normal para maraton: 5 días 100 Km. pero eso é o tope de carreira a pé e cáseque implica non facer outra cousa.
Cales son os teus sitios favoritos para adestrar? Outra para a miña dona: Ten tantos circuitos como os mariñeiros mozas... ou sexa un en cada sitio no que paso.
O que mais me gusta agora?: Eiquí en Ponferrada o circuito cara a Villar de los barrios. Teño moi boa lembranza da alameda de santiago e de castrelos en vigo ou do que agora é o polígono industrial de Porriño e eran unas pistas de terra con plantacions de kiwis.
Que che motiva para saír os días con choiva e frío? Gústame mollarme e chegar de lama ata as orellas, eu non paso frio si podo previr a roupa axeitada, o meu problema é a calor: sudo moitísimo.
O sitio máis afastado de Galicia onde rodaches. Usuhaia; Tierra del Fuego argentina.
Coñeciches moita xente nas carreiras populares? Si, moita; son ademais dos que falan cando corren e sempre fago 'contacto' nas carreiras.
Unha recomendación para os que se inician nisto...Que non miren os resultados das clasificacions senon a súa progresión respecto a sí mesmos...
Os seus favoritos
Unha cor: Azul celeste
Unha froita: Mango
Unha canción: Caoineadh Cú Chulainn - Lament (David Spillane)
Un atleta: Paula Radclife
As súas marcas Maratón: 3:00:13
Media maratón: 1:21:34
10.000: 37:37
Travesía Integral Montes Aquilianos (larga): 8 h 25'
DatosNick: Kandpalleiro
Altura: 1,67
Peso: 70 kg
Club: Asociación Deportiva Atletica do Sil (ADAS) O Barco de Valdeorras.
Web: A Carreira dun Kan
1 comentario:
Boh, non vos tiñades que molestar nesto que a bó seguro calquer compañeiro do clube dí cousas mais interesantes e divertidas.
Publicar un comentario