CPTO. GALEGO ESCOLAR INDIVIDUAL
Lugo 31 de maio do 2009
"O GALEGO ESCOLAR DEIXOU 8 MEDALLAS NO CLUBE ADAS"
Un ano mais, a competición escolar voltou a ser un semilleiro de medallas para os nosos cativos.
María González e Lucy Ashcroft serían as rapazas que se levarían a palma con 2 medallas cada unha. María acadaría o ouro no salto de altura (1.50 m.) e a prata nunha sensacional competición de triple salto (10.13). Pola súa banda a limiana Lucy Ashcroft levábase o ouro en 80 m.v. e o bronce en 220 m.v.
No apartado masculino, sería Jaime García o noso mellor valor, con 2 bronces en altura (1.50 m. ) e en 80 m.v.
A sétima medalla viría das mans de Manuel Loertscher nos 3 km. marcha, que realizaba unha espectacular carreira acadando a 2ª praza. E a oitava medalla chegou nos lanzamentos cun espectacular Pablo López que acadaba máis de 36 m. no martelo para ser sub-campión galego.
Tampouco podemos esquecer as excelentes carreiras de Juan González nos 1000 m.l, Ayoub nos 3000 m.l ou Daniel Gonzalez Devesa nos 1000 m. obstáculos.
Cumpriron os lanzadores Emiliano e Brais, así como Deborah nos 150 m.l.
RESULTADOS
FOTOS
1 comentario:
EN EL CAMPEONATO GALLEGO ESCOLAR INFANTIL, DESTACAIS A JUAN GONZALEZ EN LA CARRERA DE 1000 M. LISOS Y EN 6ª POSICIÓN.
BIEN, PABLO MARQUES CARRERA QUE CORRIÓ EN LA MISMA PRUEBA QUEDÓ DE 4º, DEBERIAIS TAMBIÉN DESTACARLO.
GRACIAS.
Publicar un comentario