viernes, 3 de julio de 2009

COMPETICION

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE VETERANOS
Vitoria 03 al 05 de xulio do 2009

"6 ATLETAS DO ADAS PROINOR INICIAN HOXE VENRES O CTO. DE ESPAÑA DE VETERANS EN VITORIA"

Hoxe venres inician a sua andaina no Cto. de España de Veteráns a celebrar na cidade de Vitoria, un total de 6 atletas do Clube ADAS PROINOR. Moitas son as opcións de medallas para os nosos vetráns e a cifra de 6 ou 7 ouros non se nos antoxa exagerada.Luis Nogueira en xabalina debería ser o 1º en subir o mais alto do pódium, si ben Xulio Ventín tamén terá opcións no Lanzamento de martelo pesado de subir ó pódium. En canto os demáis participantes, destacaremos as opcións de pódium de Raquel Lameiro nos 100 m.v. e lonxitude o sábado, o salto de lonxitude de Nogueira tamén o sábado,igual que Fernando González nos 400, ou Xulio Ventín en disco, 110 m.v. o altura. Tamén loitará o ábado polo ouro Jose Manuel Bao nos 100. Xa o domingo, Raquel Lameiro ten opción de ouro na altura e no triple, mentras que Nogueira pode subir ó pódium tamén no triple, e Fernando loitará con Bao polo pódium dos 200 . Xa para finalizar, Ventín tentará outro podium na Pértega. Mención tamén para Carmen Expósito que tentará pasar a final de 200 e 400.

MÁS INFORMACIÓN

No hay comentarios: