sábado, 4 de julio de 2009

RESULTADOS

5 OUROS E 1 BRONCE BALANCE DOS VETERÁNS DO ADAS DESPOIS DA 2ª XORNADA NO CTO. ESPAÑA DE VETERÁNS

Despois dos ouros de Nogueira en Xabalina e Ventín en Martelo pesado da 1ª xornada, a 2ª xornada dos Ctos. de España de Veteráns deixounos 4 medallas máis. Nogueira acadaba un traballado bronce en Lonxitude de M-50, cunha marca de 5.19 , mentras que Raquel Lameiro estrábase no medalleiro co seu 1º título en 100 m.v.,categoría de W-35, gañando con gran autoridade. Minutos antes, Xulio Ventín en 110 m.v. de M-45 e Fernando González en 400 m.l. de M-55 facían o propio e acadaban 2 ouros mais, co que o balance do ADAS, despois da 2ª xornada é de 5 ouros e 1 bronce. Recordar que o total de xornadas é de 3.
RESULTADOS

No hay comentarios: