jueves, 16 de julio de 2009

RESULTADOS


LETICIA GIL, SUB-CAMPIONA DE ESPAÑA JUNIOR EN LONXITUDE CUN SALTO DE 5.57.TAMEN ACADOU UN 4ºPOSTO EN ALTURA , MENTRAS NO MARTELO LAURA PEREZ ERA 6ª E CARLITOS 10º.

Os Ctos. de España Junior celebrados o pasado fin de semana en Mallorca, deixáronos unha nova medalla nun Cto. Nacional. Si todas as medallas son sempre super merecidas, a medalla de prata que acadaba Leti en lonxitude, foi sen dúbida das mais traballadas no noso clube nos últimos anos de historia. Leticia, atleta humilde e traballadora ve así culminada unha traxectoria as órdenes do seu adestrador, Tinín, que sempre tratou de que Leteicia fora acadando cotas, pasiño a pasiño. Sensacional tamén o 4º posto en altura, con 1´63.
Pola súa banda, os martelistas, Laura e Carlitos tiñan resultados dispares. Laura culminaba unha boa temporada mellorando a sua marca persoal e superando os 40 m. que lle valía para acadar unha excelente 6ª praza, mentras que Carlitos, era 10º , e pechando unha temporada que , sen dúbida, quedará pronto olvidada, xa que él ten calidade sobrada para estar loitando polas medallas a temporada que ven. Noraboa a todos.

No hay comentarios: