ESTE FIN DE SEMANA 3 VALDEORRESES DISPUTAN EN MALLORCA O NACIONAL XUNIOR.
Durante o sábado e o domingo 3 atletas valdeorreses disputarán o Cto. de España Xunior de atletismo na cidade balear de Calviá. Leticia Gil farao nas probas de altura e lonxitude, tendo nesta última algunha posibilidade de acercarse a medalla, sempre que esté moi cerca da súa mellor marca. En canto a Carlos Revuelta, a súa 6ª posición no Ránking de este ano, debería quitarlle presión e podería ser un dos atletas que dera a sorpresa. Calidade non lle falta. En canto a Laura Pérez, tamén en martelo, o estar no campionato, xa é para ela un premio, polo que estar entre as 8 mellores sería un gran resultado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario