Celebrouse este pasado fin de semana en Lugo unha nova edición do memorial Gregorio Pérez Rivera, e, como ven sendo habitual,houbo participación valdeorresa, que realizou unha interesante competición. O mais destacado foi , sen dúbida, a marca mínima para o Cto. de España Cadete , que acadaba a atleta do Barco María González cun rexistro de 1.58, mellor marca persoal e que lle valeu a 2ª posición da proba. Por outro lado, houbo victorias para Juan Lareo en disco, Luis Nogueira en xabalina e Lorena Guitián en lonxitude. A proipia Lorena sería 3ª en altura e María González, 3ª en lonxitude.
No hay comentarios:
Publicar un comentario