martes, 20 de octubre de 2009

COMPETICION

2 MEDALLAS PARA OS CADETES DO ADAS PROINOR NO CTO. NACIONAL CADETE DE EL PRAT

Lorena Guitián e Saúl Ordóñez serían os grandes triunfadores do Cto. de España cadete de Aire libre, celebrado en El Prat o pasado fin de semana. Lorena acadaba o bronce nunha reñidísima final de altura, cun salto de 1´58, mentras que María González, a súa compañeira de equipo, era 7ª na mesma proba, con 1´55. A gran sorpresa da xornada protagonizouna o berciano do ADAS , Saúl Ordóñez, na proba de 1000 m. na que acadaba o Sub-campionato de España cunha marca de 2´38´´ 74. A actuación valdeorresa completouse co 5º posto de Lorena Guitián en Lonxitude, e o 12º de María, mentras Javier Rivero cumpría no 300 m.v. e era 15º.

No hay comentarios: