miércoles, 10 de febrero de 2010

RESULTADOS

CPTO. PROVINCIAL ESCOLAR CAMPO A TRAVES
Monterrei 06/02/2010

"OS PEQUENOS NON DEFRAUDAN"

O pasado sabado o Complexo Deportivo de Monterrei acollía una nova edición do Cpto. Provincial escolar de campo a través.
Moi boa participación de atletas e colexios e o tempo
respetou toda a competición.
Abriron a competición a nenas cadetes, onde Miriam Ares e Lucy Ashcroft rematarian 2ª e 3ª respectivamente, completaria o equipo Dayana Lopez (12ª), o equipo cadete femenino subiria o podio no 2º posto.
A seguinte carreira sería os nenos cadetes, onde resultaría vencedor o atleta de Xinzo Ayoub Nagihi o seu compañeiro Daniel Devesa acompañariao no podio, 3º, ambos atletas entrenados por Manolo Castro.
O resto do equipo rematarian nos seguites postos:
Agustin Glez. Alonso (5º), Juan Glez. Feijoo (13º) Gregorio Martinez (17º) y Daniel Martinez (22º), con estos resultados o equipo cadete proclamouse Campion Provincial.
Na categoría alevín, non se completou equipo masculino e feminino, e reducese a participación individual, Roberto Trincado remataría ( 9º) e na categoría feminina Lucia Fernandez (30º) e Nerea Valle (48º).Temos que destacar tamén a excelente actuación dos equipos ALEGRIA DE VIANA E A.D. A LIMIA, que colocaron en alevín feminino o equipo en 2ª posición. En alevín masculino A LIMIA sería campión por equipos, mentres que o equipo de Viana sería 3º. O podio individual estivo formado por Juan Bembibre e Jonathan Macía de VIANA, na 1ª e 3ª posición respectivamente, mentres que Carlos López, de A Limia, foi 3º.
En Benxamin, completouse equipo feminino con Isabel Sousa como vencedora da carreira. As suas compañeiras rematarian nos seguintes postos:

Paula Rguez. (35ª), Irene Martinez (36ª), Belen Garcia (43ª), Inés Docampo (46ª) e Xiana Rguez. (48ª), por equipos as benxamins ocuparian o 5º posto. O titulo de campionas foi para A Limia, con Nuria Pazo na 3ª posición. O segundo posto por equipos sería para o Alegria de Viana, con LAURA SAQUETE na 2ª posición.

Na categoría Benxamín Masc. o equipo de A limia sería o vencedor, con Manoliño Prieto na 2ª posición.

Na categoria infantil, as nenas, segundas por equipos, con Ana Garcia (6ª), Jeisy Favarao (20ª), Tamara Cereijo (22ª), Maria Nogueiras (24ª), Nuria Dominguez (44ª), Rosana Martinez (62ª), Karen Lopez (65ª) Eva Feliz (67ª).

Mentres o equipo masculino remataría 8º, gracias a actuación de Alberto, Adalberto, Saúl e Miguel Angel.

Celebrouse tamén o Cpto. Provincial Xuvenil no que resultaría vencedora Tania Prieto en Xuv. Fem. e 2º e 3º, Javier Rivero e Anxo Quintairos. Por equipos, o equipo masculino acadou a 2ª posición.


No hay comentarios: