jueves, 27 de enero de 2011

COMPETICION


UNHOS 30 ATLETAS DO ADAS PROINOR PARTICIPARAN NO GALEGO ABSOLUTO, JUNIOR E PROMESA DE CAMPO A TRAVES ESTE DOMINGO.

Este fin de semana, concretamente o domingo 30, celebrase na localidade de Ribadavia o Cto. Galego Absoluto de campo a Través, así como o Junior e promesa.
O CLUBE ADAS acude con unha nutrida representacion de atletas a esta proba, coa intención de acadar unha das prazas do pódium. A empresa será complicada, pero os resultados obtidos no cross corto fan que no seno de equipo existan fundadas esperanzas de acadar o 3º posto na categoría absoluta masculina. Os valdeorreses terán en Iván Iglesias, Juan Luis Trillo, Cristian Diaz, "Pepe" Márquez, Montilla e Gilberto a suas mellores bazas. Tamén participarán a junior femenina Tania Prieto e mais os Junior masculinos Alejandro Nuñez e máis Anxo Quintairos.

No hay comentarios: