MORO, LETICIA GIL, SOLDEPLATA E MOLINA NON POIDERON MELLORAR AS SUAS MARCAS ESTE FIN DE SEMANA.
En efecto, Luis Fernando Moro non poido acadar a sua mínima europea de pértiga en Lyon, inda que as sensacións foron excelentes para este vindeiro fin de semana, no que se disputa o Cpto. Nacional Absoluto de pista cuberta en Valencia.
Por outra banda, Leticia tampouco melloraba a sua marca de lonxitude en Valladolid, mentres que Molina, con moitas molestias, acababa a duras penas as suas probas combinadas en Sabadell.
Tamén en Sabadell competiu Soldeplata, mais non foi quen de mellorar a súa marca de 60 m.l.; volverá a intentalo esta semana no Cpto. de España en Valencia.
Por último, Roberto Benito baixaba, por fin, dos 9"00 nos 60 m.valados nun control celebrado no módulo de Madrid, polo cual vaia dende eiquí a nosa noraboa
No hay comentarios:
Publicar un comentario