O DIA 31 REMATA O PRAZO DE RENOVACION E CAMBIO DE CLUBE PARA ATLETAS CON LICENCIA NACIONAL. DESPEDIMONOS DE GRANDES ATLETAS E GRANDES PERSOAS
Queda moi puco xa para rematar esta temporada e os atletas apuran as súas posibilidades para quedar no seu clube ou cambiar de aires. O día 31 de Outubro remata o prazo para realizar este trámite.
No noso clube aparecerán caras novas, inda que a maioría de atletas volverán a ser os mesmos.
Desde esta páxina queremos darlle a benvida a os atletas e as atletas novas, así como desexarlle o mellor a aqueles atletas que momentáneamente nos deixan por diversos motivos. Un de esos atletas é SAUL, que foi máis que un atleta, un amigo e un gran compañeiro para todos nós. Abandona o clube, porque este ano estará no cetro de tecnificación de Valladolid, onde estamos seguros que crecerá como atleta. Para nos foi un honor e unha ledicia telo con nos estos 3 anos. Aquí deixa moitos amigos, e non dubidamos que volverá algún ano outra vez con nos.
Polas mesmas circunstancias nos ten que deixar tamén Violeta, que sempre deu o mellor de ela en todalas competicións coa nosa camiseta, a que lle desexamos o mellor.
Tamén despedimos con tristura a Márquez, Jacobo e Adrian, un grupo de grandes persoas que van formar un grupiño de veterans en Ourense, e os que lles decimos o mesmo, o noso clube sempre terá as portas abertas para eles.
Un recordo tamén para Nacho Velasco, que deixa o atletismo, e aportou o seu grao de area para acadar o ascenso
Así para todolos demáis, que por diversas circunstancias da vida, traslado de domicilio, etc non estarán con nós a temporada que ven queremos mostrarlle o noso afecto e agradecemento (Angela, Desiré, Xavi, etc, etc). Non vos esqueceremos. Moita suerte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario