Celebrouse a segunda edición da Carreira popular por parexas, O BARCONAMORA, que con motivo da data do 14 de febreiro, organiza O CENTRO COMERCIAL ABERTO DE O BARCO.
Moitos dos nosos atletas estiveron presentes nesta xornada atletica e moitos deles tiveron agasallos e trofeos conmemorativos. Destacar o 2º posto en parexas masculinas de Guti e Damián, detras dos piragüeros, Jesús e Marco, Tamén o terceiro posto de Manuel e Richard, ou o 4º de Miguel Angel pai e Miguel Angel fillo.
En canto as parexas mixtas, primeiros serían Asensio e Iria, segundos Grit e Pablo Israel, e terceiros Anita e Adolfo, mentras que tamén houbo presencia de atletas de categorías menores, que serían agasallados con medallas para todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario