Era o favorito, e o final levouse un novo título. A pesar de que o atleta ucraniano lle puso as cousas moi difíciles,e a temperatura e condicións climatolóxicas non eran as mais favorabeis, Luis Nogueira volveu a demostrar por qué é o millor atleta do clube nos xa mais dos 30 anos de historia.
Cunha marca cercana ós 58 metros, Luis nogueira proclamábase en Donosti Campión de Europa na proba de lanzamento de Xabalina para maiores de 55 anos. Era este o unico titulo que lle faltaba nas suas vitrinas, despois dos nacionais e mundiais que ostenta, así como a plusmarca mundial de mais de 50 anos.
Desde a familia atlética do ADAS PROINOR a nosa mais sinceira felicitación a Luis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario