sábado, 8 de marzo de 2008

ENTREVISTA

No xornal local "O Sil" ven de publicar unha entrevista co noso atleta veterano Carlos Revuelta Mendez.
Texto orixinal de Ángeles Rodríguez.
Fotos cortesia de Carlos Revuelta Mendez.


O atleta Carlos Revuelta ven de iniciar en Marraquesh o reto deportivo de correr maratóns nos cinco continentes.

Encadeando kms.

Pouco importa que agora necesite unha hora mais que cando comezou a correr en 1983 para completar a distancia de 42,195 kms.Para Carlos Revuelta Méndez, corredor de maratóns do Club ADAS, ”O máis importante é poder seguir participando e servir de estímulo os máis xoves” Unha afirmación que demostra cun apretado calendario nesta tempada, no que pretende correr oito maratóns a máis inmediata será a de Barcelona, o 2 de marzo. Xa a medio prazo, este atleta valdeorrés plantéxase un reto deportivo mais ambicioso: correr nos cinco continentes. De momento este obxectivo cumpriuno en África, xa que correu na Maratón de Marraquesh (Marrocos) o 27 de xaneiro, na que invertiu 4h18’.
Para o 2009 prepara xa a súa participación en dúas probas en Sudamérica: a Maratón de Panamá e a Transatlántica, que une os océanos Pacifico e Atlántico, o longo de 90 kms de percorrido. “Iso será un reto para min, porque nunca corrín mais de 60 kms, e seguramente fareina co meu irmán” di o atleta. Di que non aspira a marcas, pero confesa que leva “ como medalla” o feito de non terse retirado nunca dunha carreira, “ todas nas que saín, acabeinas”. O seu soño, poder chegar a correr na maratón de Nova York ou noutras como a da Muralla China e a das Cataratas do Niágara, “porque son sitios que realmente son espectaculares, pero non sei se o lograrei”.
- Leva preto de 25 anos correndo maratóns, ¿ qué é o que engancha desta modalidade ?
Dende que era ben pequeno gustoume correr e participar en carreiras. Os 19 anos fixen unha media maratón e enganchoume. Con 23 anos corrín a primeira maratón, a de Valladolid, xa non existe, e realmente a satisfacción e as sensacións que tiven nesa carreira non son capaz de explicalas con palabras. A emoción da saída, dende os momentos dos preparativos, porque levas meses organizando esa proba e soñando con estar nela. Logo o verse rodeado de xente de diferentes países e condicións, de todas a idades, xente que ven só por participar dende moi lonxe. E dispois cando empeza a carreira todo o que vai sucedéndote fisicamente ó longo dos quilómetros e o que che pasa pola cabeza ata os últimos quilómetros. Éstes son realmente emocionantes. Os últimos 400 ou 500 metros nos que acostuma haber moita xente aplaudindo, nos que a veces soa a musica, nomeante pola megafonia…sentes unha gran emocion por dentro e unhas gañas de adicarlle todo o teu esforzo á xente que xa non está, os amigos que corrian e xa non o fan por lesións. Adícasllo a eles e pensas, ”outra máis conseguida ”. E unha emoción moi grade e ademais cada maratón que corro emociónome mais e vou reenganchando. É unha loucura, pero creo que a todos teñen corrido algunha vez maratón, pásalle o mesmo.
- Sen embargo, houbo unha paréntese de tempo na que deixou o atletismo…
Fixen unha paréntese pola miña actividade politica hai uns anos e agora volvín a correr co equipo de veteranos do ADAS, e sobre todo na especialidade que máis me gusta, a maratón.
- ¿ Cómo xurde o proxecto de correr nos cinco continentes ?
Estaba un pouco canso de facer maratóns por España, onde as coñezo case todas, e decidín empezar a correr no estranxeiro. Comecei en decembro do ano pasado en Lisboa, gustoume a experiencia de correr fora de España, de intercambiar experiencias on xente doutros países e de sentir o orgullo de levar a camiseta do club, as bandeiras de Galicia e de España. Logo plantexeime o reto de ir a Marrocos á Maratón de Marraquesh en xaneiro e acabeina. Agora gustaríame correr nos cinco continentes. De momento teño Europa e África e para o ano que ven teño pechada a de Panamá.O de Asia e Oceanía xa vai ser máis complicado, pero haberá que tentalo.
- ¿Con qué criterios selecciona as carreiras ?
Pola proximidade. Gústanme as maratón cércanas a Valdeorras como a de Toral (León), a de Penedos do Lobo (Manzaneda), a de Ourense e a de Tui… E no caso do estranxeiro tamén seguín o tema da proximidade. Acabo de vir de Marraquesh e no outono farei a de Porto (Portugal), tamén moi próxima.iña o propósito de correr en Cracovia (Polonia), pero vai ser moi complicado polos viaxes. Resulta difícil conseguir voos que sexan compatibles co meu traballo e terei que deixala. Posiblemente corra nesas datas o Campionato de España de veteranos en Vitoria.
- ¿Qué outro retos se plántexa?
Ata agora o máximo que corría eran 5 maratóns nun ano e estou coa ilusión de correr unhas 8 ou 9. Os que corren de verdade non acostuman facer máis de 3 por ano,pero van a uns ritmos moi rápidos. O que eu fago é practicamente pouco máis que ir andando, vou a uns ritmos de 6 minutos o quilómetro e iso e moi levadeiro. Sofren as pernas e a mente, pero o corazón non traballa a un ritmo agobiante, pódese facer e a verdade que me sinto moi a gusto. Superei tamén unha serie de enfermidades e lesións e, mentres o corpo aguante , vou estar aí.
- ¿Qué tipos de adestramentos segue ?
Levo unha media máis ou menos de 10 kms diarios e veño adestrando uns 6 días a semana Un dia por semana acostumo facer unha distancia longa de 20 ou 25 kms. Como non aspiro a marcas nin nada de iso, non estou facendo practicamente series nin cambios. Levo un adestramento moi sinxelo.

No hay comentarios: