viernes, 28 de marzo de 2008

PROXIMA COMPETICION

Comeza a pista o aire libre e voltan as carreiras populares.

O vindeiro fin de semana comeza a pista o aire libre, con varias xornadas en diferentes zoas da nosa comunidade.

Nas pistas de atletismo do Estadio Municipal de Calabagueiros, celebrarase a 1ª xornada previa do atletismo escolar, probas que darán comezo as 16:00 h. se prevé unha boa participación xa que confirmaron a súa asistencia os equipos da comarca e da comarca veciña de O Bierzo. A organización xa leva varios días en funcionamento para que as probas e a instalación funcionen en boas condicións.

O sábado a mañá en Vigo, celebran nas pistas de atletismo de Balaidos o Trofeo Reconquista con un amplo programa atlético. Tamén o sábado de mañá, en Lugo, celebrase un control de probas na Pista de atletismo Gregorio Pérez Rivera.
Seguramente en ambas probas haberá participación dos nosos atletas.
MAIS INFORMACIÓN - VIGO -
MAIS INFORMACIÓN - LUGO -

Xa o domingo a mañá no Concello de A Merca celebrase unha nova edición da súa Carreira Popular.
MAIS INFORMACIÓN

No hay comentarios: