Clermont Ferrand (Francia) 17-22/03/2008
“Xulio Ventin, 12º na pértega no Cpto. do Mundo Veteranos de pista cuberta”
Xulio Ventin, a pesar de lesionarse no quentamento, logrou rematar o seu concurso no Campionato do Mundo de veteranos de pista cuberta, unha proba que se celebrou no “Stadium des Cézeaux” da localidade de Clermont Ferrand- Aubiére (Francia)
A marca de 3,40 m. en M-45, no lle fixo xustiza o actual campión de España de pista cuberta, que terá que esperar outra ocasión para billar nun campionato internacional.
Parabéns a Xulio pola túa tempada de inverno e a poder facelo inda mellor no aire libre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario