miércoles, 21 de mayo de 2008

A OPINIÓN DE...

Manolo Castro.
Presidente da Agrupación Deportiva escolar da comarca da Limia.

"A piques de rematar a tempada atlética escolar chegou a hora de facer balanzo e sacar conclusións.
A comenzo deste curso académico enredei a Tinín (Agustin Glez.) nunha aventura na que él, un home sin medo a nada nesto do atletismo, entrou ao trapo sin por traba algunha. Tratábase de integrar a algúns rapaces da Limia nun potente equipo de atletismo como é o ADAS, para que participasen na tempada de cross e atletismo en igualdade de condicións con outros rapaces ourensáns e galegos. Máis alá dos trofeos acadados, o mellor dos resultados é que entre os rapaces da Limia naceu coa práctica atlética unha nova forma de divertirse, coidarse e relacionarse. Este curso foron 35 os seleccionados polos profesores dos colexios, principalmente de Xinzo e Rairiz de Veiga, a metade dos cales participaron co ADAS en probas populares, escolares ou federadas. A outra metade, que participou coa A.D. Limia, tamén queren “ser do Barco”, porque aquilo que nos dixeron sempre de que o importante é participar é correcto, pero os nenos queren ganar. E, indudablemente, o ADAS é un clube triunfador.
Sendo satisfactoria a experiencia e agardando que teña continuidade en vindeiras tempadas, quero lanzar aos rapaces da Limia e aos seus pais a mensaxe de que, con máis ou menos recursos materiais e humáns, continuaremos con entusiasmo a laboura comenzada este curso, ao Concello de Xinzo que aposte decididamente por este deporte e amosarlle a Tinín e o ADAS a miña gratitude por toda a paciencia e a axuda brindada.
"

No hay comentarios: