martes, 17 de junio de 2008

RESULTADOS

CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE POR AUTONOMIAS
Águilas 14/15 de xuño do 2008


"SENSACIONAL, LORENA GUITIÁN NO SALTO DE ALTURA"


O pasado domingo Lorena acadaba a medalla de prata no Cpto. de España cadete por Autonomias celebrado en Águilas (Murcia), saltando 1,66 m, igualando a representante de Asturias, quen conseguiu o titulo , no desempate por nulos.

Primeiro resultado importante para Lorena, que permite soñar coa posibilidade de acadar a marca minima ( 1,70 m.) para asistir o Cpto. de España Absoluto.

O sues compañeiros cumpriron, Cristina Robledo participaria nos 100 m. lisos rematando 4ª na final "B" e o rués Cristian Fernandez cun mellor salto de 5,18 m remataria 16º no salto de lonxitude.


FOTO CORTESIA DA F.G.A: Lorena Guitian(a dereita) acompañada por Cristina Robledo (a esquerda).



CAMPIONATO GALEGO XUNIOR-PROMESAS DE PISTA O AIRE LIBRE
Santiago de Compostela 14 de xuño do 2008


As pistas da Universidade de Santiago acolleu o pasado fin de semana o Cpto. Galego xunior-promesa.
Excasa participación de atletas do noso club, soamente dous,que colleitaron un total de 5 medallas.
O atleta coruñés Borja Rey proclamaríase Campión Galego Promesa nos 400 m. valados cunha marca 59"08.
Ana Raquel Revuelta seria a nosa protagonista o conseguir catro medallas nas disciplinas de lanzamentos, foi Subcampiona Galega Promesa no peso, disco e no martelo e 3ª no lanzamento de xabalina.


RESULTADOS

FOTO CORTESIA F.G.A : Ana Raquel Revuelta (de bermello)

CAMPIONATO GALEGO VETERANS DE PISTA O AIRE LIBRE
O Barco 14 de xuño do 2008

"22 MEDALLAS NO GALEGO DE VETERANS"


Cunha mais que eficiente organización e a boa disposición de todolos atletas, celebrouse nas pistas do Estadio Municipal de Calabagueiros a XV edición do Cpto. Galego de veterans o aire libre.

Uns 150 atletas de toda Galicia se deron cita no Barco para acadar en moitos casos a mellor marca persoal da tempada.


No que a marcas se refire,destacamos os 62,35 m. de Carlos Revuelta jr. no lanzamento de martelo xuvenil que o deixan a menos de 1 m. do 1º do ranking nacional.

Por outro lado Luis Fernando Moro non poido cos 5,22 m. quedandose nuha marca de 5,02m. mentres que Igor Bychkov saltaria 4,82 m. Excelentes Mario Romano e Raquel Lameiro no salto de lonxitude conuha marcas 6,17 m e 5,08 m. respectivamente na mesma proba participaria a infantil Maria Gonzalez saltando 4,64 m., 55,42 m. para Jorge Prada no lanzamento de xavelina e 12,29 m. para Jesus Garcia no lanzamento de peso.


Todos eles fora de concurso.


Xa no capitulo de medallas:

-Luis Nogueira, ouro en triplo salto, peso e xavelina.
-Manuel Garcia, ouro nos 200 m.l e 400 m.l.
-Francisco Bao, ouro nos lanzamentos de peso, disco e xavelina.
-Xulio Ventin, ouro en pértega, martelo e triplo salto.
-Miguel Gonzalez, en 5.000 m.l e lonxitude.
-Carlos Revuelta, prata no disco, triplo salto e bronce no martelo.
-Juan Carlos Lareo,ouro no martelo, prata no peso e no disco.
-Manuel Prieto, ouro nos 5.000m.l.
-Manuel Rodriguez, bronce na xavelina.
-Jose Barreiro, prata no peso.
-Manuel Ares, 6º nos 1.500 m.l, M-50.

Na foto: Carlos Revuelta no lanzamento de martelo.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Amigos do ADAS, pégovos un comentario que puxo unha amiga nun foro e que coincide coa miña impresión e a de outros compañeiros da ruta. Non todo é tan bonito como o pintades. Eu marchei sin saber canto tardei no 800.
Para a próxima a ver si o facedes un poco mellor.

De todolos xeitos grazas.

Ahí queda o comentario:

Echamos un vistazo y nos dirigimos a los vestuarios, y sorpresa...!!! parecía aquello la casa de la familia Monster , no soy demasiado quisquillosa con estos asuntos, pero me parece que aquel lugar no lo habían limpiado desde la inauguración, las telarañas del techo y del banco no dejaban lugar a dudas. El suelo sucio y mojado y parece ser que, encima, el agua salía fría (yo, como la mayoría de las chicas, me duché en casa). Y digo yo... ¿es normal esto? A mi no me lo parece, los anfitriones deben de tener en cuenta estas cosas y ser conscientes que que ellos representan a su pueblo y son los que dan relevancia, en ese momento, al deporte que practicamos por lo que deben de tratar de la mejor forma posible a la gente a la que invitan y a mi entender la limpieza de las instalaciones es algo fundamental y que no cuesta tanto arreglar.