lunes, 8 de septiembre de 2008

EVENTOS

CEA DO CLUB
O Barco 06 de setembro do 2008

O pasado sábado celebrouse no Mesón Manu Ares en O Barco, a Cea do club, que tras o paréntese do ano pasado que se fixo coincidir a cea cos actos do 25 aniversario do club, volveuse a fecha e o formato xa tradicional.
Aínda que houbo baixas por outros compromisos a cea foi o bastante concorrida, onde aparte dos atletas, acompañounos varios padres e tamén destacar a presenza do concellal de deportes de O Barco D. Martín Gomez.
Tras os postres, xa no café, o presidente do club D. Agustin González, tomou a palabra para dar un mini-discurso e neste momento o club fai unha homenaxe entregando dúas placas, a duas persoas pola súa colaboración e entrega o club e ao atletismo en Valdeorras, e por primeira vez entregase unha placa a un xuíz de atletismo D. Miguel Lopez, xuíz da primeira xeración de xuíces en Valdeorras, e ata fai pouco dirixía o colectivo de xuíces de Valdeorras.
A outra placa seria para o atleta (xabalinista) Jorge Prada pola sua traxectoria deportiva, este atleta actualmente pertence o Ourense Atletismo, pero formouse no Club ADAS.



Nas fotos, dous directivos do club entregandolles as placas a Miguel Lopez e a Jorge Prada.


Texto escrito por Jorge Prada o xornal "O Sil":

Experiencias del deporte

Queridos amigo: el periódico “O Sil” me invito a escribir algo sobre el deporte.
Yo practico una de las tantas disciplinas del atletismo como es el lanzamiento de jabalina una de las prueba a realizar con un grado alto de dificultad y un gran nivel técnico.
Antiguamente nuestros ancestros la utilizaban como un utensilio o arma de caza para poder sobrevivir, aunque con el paso de los tiempos los griegos la incluyeron como una de las tantas disciplinas deportivas. Siglos después y hasta los días de hoy ha sufrido cambios importantes tanto a nivel técnico como de materiales de su fabricación, siendo mucho más ligero y resistentes.
Yo llevo practicando este deporte desde los 14 años y mis comienzos fueron en el Club ADAS, pero sinceramente me quedan tantos o más para llegar a rozar la perfección, aunque teniendo un buen maestro, bueno más que un maestro lo considero como un hermano mayor, que tuve la suerte de en mi adolescencia y que me ha aportado el significado de la confianza y, sobretodo, su amistad.
Este personaje es “Luis Nogueira” bicampeón del Mundo y recordman mundial en esta especialidad en la categoría de veterano (aunque no lo sea).
Puede que este deporte os suene a difícil y complicado, no lo es, ya que tiene otras partes que no se ven, pero que están ahí son los valores morales que te aportan las amistades que llegas a conocer gracias al deporte en general.
Y aunque los entrenamientos sean duros y no siempre salgan las cosas como uno quiere, lo recompensan con creces todas las experiencias y los amigos que vas conociendo a lo largo de tu vida y que te hacen crecer como persona día a día.
Si amigos, las medallas se estropean y se oxidan, pero las buenas amistades perduran para toda la vida.
Os invito a que practiquéis deporte.

FESTAS DO CRISTO
O Barco do 11 o 15 de setembro

O noso atleta veteran e profesor Victorino Berzosa "Viti" será o encargado de leer o pregón das Festa do Cristo 2008.

Texto escrito por Anxeles Rodriguez no xornal "O Sil" no especial dedicado as Festas do Cristo:

“Gustounos a vila”

A casualidade quixo que de camiño a Monforte de Lemos decidisen para no Barco. “Pasamos gustounos o pobo e decidimos quedar aquí, sin ningunha razón especial. Diso hai tan só 29 anos”, di co seu singular sentido do humor Victorino Berzosa Aparicio.
Nesa viaxe este profesor de lingua española ía acompañado pola súa dona, Marisa Rodríguez, tamén profesora pero de Historia da Arte. Ambos estiveron dacordo en quedar e pediron o traslado dende Barcelona, onde impartían clases e tiñan a praza definitiva, para O Barco.
Nunca se arrepentiron desa decisión. ” A proba esta en que non pensamos xamais en marcharnos E iso que ningún dos dous somos de aquí, xa que Marisa é de Monforte de Lemos e eu de Carrión de los Condes (Palencia), quedamos así un pouco equidistantes das familias”, comenta este profesor xubilado, quen na vila todos coñecen por Viti. ”Este nome puxono un amigo e xa quedei con el
Despois de case tres décadas na vila xa se considera un barquense mais.”Despois de tantos anos aquí xa se poden botar raíces e ademais cun fillo Xabier, xa encardina unha árbore xenealóxica na zona” A súa chegada a O Barco será precisamente a temática coa que Viti encetará a súa intervención como pregoeiro da Festas do Cristo 2008 o dia11 de setembro. A lectura do pregón terá lugar as 9 da noite no Teatro Lauro Olmo.
Repasando os aspectos que vai desenvolver no seu pregón, confesa que quedou “moi sorprendido de que se fixaran en min para ser pregoeiro.Considero que o que eu fago é moi sinxelo, de andar por casa e non polas alturas. Non teño vos de alturas”, matiza, “aínda que si me gustan as alturas, escalar montañas, a natureza en xeral Xagoaza, o Mariñan…”. O pregón imprimiralle a súa especial forma de ser e recordará nel algunhas das súas vivencias mais significativas no Barco como son as vencelladas a súa profesión de ensinante. E vencellada á escola, a súa inquedanza de levar os nenos a natureza,” de amosarlles a desfrutar dela e a coñecer o encrave no que viven”, matiza. Neste contexto xurdiu o proxecto da aula da natureza Lauro Olmo de Xagoaza (O Barco).
Tamén enlazando coa ensinanza abrolla outra das súas paixóns: o teatro. Aínda e habitual velo recitando textos ou diálogos en verso. Unha das ultimas ocasións foi no decurso do V Mercado Medieval Tremiñá-Veigamuiños e ten formado parte de agrupacións teatrais coma a de Don Gaiferos. Sen embargo, o do teatro xurdiu “cando empezabamos a facer cousiñas cos nenos na escola e aínda hoxe sigo metido neste tema, incluso na casa,este fin de semana facemos unha festa familiar e organizamos un teatriño”, asegura.
E se hai algo co que se relaciona a Viti ademais de co teatro e coa natureza e coa lectura. Sempre acostuma a ir cun libro nas mans e lendo cando camiña polas rúa.” Son un home pegado a un libro. É unha obsesión, no fondo son un pouco ávaro das cousas e quero aproveitar o paseo para algunha outra utilidade de tipo cultural ou de distracción. Non sei se é por preguiza de sentarme nunha mesa e ler alí. Pero penso, así tamén camiño, que outra das miñas obsesións: camiñar, facer exercicio físico e o río Sil” Confesa que na súa vida teno lido practicamente paseando “ ata o Ulises de Joyce, que penso que un libro que non se pode ler doutra maneira”. O ultimo que ten nas mans é a novela de Jonathan Little Las Benévolas.” É un libro fenomenal, pero tamén déixate desfeito ó ir lendo como o protagonista narra todas as barbaridades do exterminio xudeu”, explica Viti.
A súa implicación na vida barquense tamén ten a súa faciana deportiva xa que é un habitual de carreiras populares e de probas coma a Milla do Barco. Outras das súas afeccións é o verso, recita e escribe, aínda que non se considera poeta . Se ben aclara que “ aínda que non son poeta, son de terra de poetas , de Carrión de los Condes en Palencia, de onde eran tamén Jorge Manrique e o Marqués de Santillana. Unha ribeira que ten un río tamén marabilloso, que é o Carrión” conclúe.


"Victorino Berzosa, un profesor que cambiou Barcelona polo Barco en 1.979."

No hay comentarios: