O proximo dia 14 de setembro, o paseo do Malecón acollerá unha nova edición da Milla de O Barco, a partir das 18:00 h .
Haberá carreiras para todas as categorias, e coma novidade tamen unha carreira para os atletas disminuidos intelectuais e síquicos.
A Milla, volve a estar este ano no calendario nacional, polo que se volvera a contar nas carreiras absolutas con atletas de elite, estas carreiras seguen sendo por invitación.
A organización fara unha pequena homenaxe o equipo de campo a través do Club ADAS-Proinor que este ano conseguiu clasificarse terceiro no campionato galego e que por primeira vez acudiu ó Campionato de España da modalidade.
E o Concello de O Barco dedicara unhas placas os atletas do Club ADAS que foron medallistas nos diferentes Campionatos de España: Luis Nogueira, Xulio Ventin, Manuel Garcia, Carlos Revuelta, Juan Carlos Lareo e Lorena Guitian.
Inscricións: tinin_adas@hotmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario