O Barco 14 de setembro do 2008
“LOLO PENAS E EVA ARIAS VENCEN NA MILLA DE O BARCO”
O pasado domingo celebrouse unha nova edición da Milla Urbana de O Barco,cunha participación de preto de 300 atletas de tódalas idades e o Paseo do Malecón, onde se congregou a miles de persoas que disfrutaron coa evolución dos atletas.
Dende esta paxina felicitar os membros da organización polo seu traballo e os patrocinadores e casas comerciais que colaboraron no éxito, de quizás a mellor milla de tódalas edicións.
No apartado deportivo, Lolo Penas e Eva Arias gañan a Milla Urbana, onde a gran atracción foi o mediatico atleta catalán Reyes Estevez , que remataría 3º.
A carreira absoluta feminina, mellorada con respeto a anteriores edicións, na que había media ducia de medallistas en Campionatos de España , foi un man a man entre Eva Arias e Irene Alfonso que se decidiu nos metros finais a favor da valdeorresa, quedando na terceira posición Rocio Rodríguez.
Con esta vitoria Eva Arias, iguala no numero de vitorias na Milla a Fátima Paz, 6 edicións para cada unha.
Na categoría masculina, causou moita expectación, polo, quizais o mellor cartel de todas as edicións, a presenza do olímpico Reyes Estevez, subiría o nivel da proba, que non era pouco, coa participación do gañador da pasada Milla, Sergio Sánchez, al que se lo puxeron difícil esta vez, un gran Lolo Penas, en un gran momento, Sergio Gallardo sempre combativo e a grata sorpresa foi a participación de Ivan Hierro que seria o encargado de animar e imprimir un alto ritmo nas primeiras voltas e xa na recta final, nun apretadisimo sprint, Lolo Penas conseguiría gañar a Sergio Sánchez (segundo) e a o gran favorito Reyes Estevez (terceiro), o cuarto posto seria para Sergio Gallardo.
No historial de edicións, Lolo Penas , ponse a unha vitoria, para igualar a outro gran atleta, Andrés Díaz.
A MILLA DE TODOS
Dende os mais pequenos ata os mais maiores pasando polos populares, atletas de toda Valdeorras, Bierzo e numerosa a participación de atletas do colexio de A Gándara de Monforte, gran cantidade e calidade de atletas en todas as categorías, pero a presenza dos atletas diminuídos intelectuais e síquicos, este ano, si foi a Milla de todos, faltaban eles e fíxose un esforzo para que puideran participar, saíron nove valentes atletas de ASFAVAL que contaron coa presenza de todo un campión de España en diminuídos intelectuais, o atleta madrileño Salvador Gamarra, atleta enrolado no noso club, dende a organización darlle as grazas pola súa participación a todos eles e mais as súas monitoras, que tamén correron e desexamos que o ano que ven haxa mais atletas.
OS NOSOS ATLETAS
Varias vitorias nas diferentes categorías da Milla.
En alevín feminino, primeiro posto foi para Emma López acompañada de Ana García, en masculino Kevin Fernández remataría 2º .
Na categoría infantil Agustin González seria o gran dominador acompañaríao Marcos Ramos e en feminino 2º posto para María González.
No resto de categorías: 3º posto na carreira popular para o atleta de Viana, Tomas Fraíz e 5º posto para Ruben Marcos León.
En veteranos, subirían o podio Miguel González, Francisco Bao,Manuel García Alfonso e Vitorino Berzosa “Viti”.
O mellor clasificado foi Gilberto Álvarez,octavo, gran carreira, aguantando cos favoritos ata o final, boa participación de Alberto Asensio, Xavier Fernández, Enrique González e Salvador Gamarra que daría unha lección de pundonor e igualdade.
RESULTADOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario