lunes, 3 de noviembre de 2008

RESULTADOS

IIIª CARREIRA POPULAR DE O BARCO
CARREIRA DOS SANTIÑOS
O Barco 02 de novembro do 2008




O Barco acolleu unha nova edición da Carreira dos Santiños.

Os atletas que se acercaron ata O Barco, desfrutaron dunha soleada mañá e dun circuito chan e rapido que percorre toda a ribeira do Sil que estaba ateigado de xente para ver outra proba atletica no Barco tras a recente Milla Urbana.

Gilberto Alvarez e Iria Fernandez renovaron o podio da 2ª edicion, de novo.

Gilberto impuso un forte ritmo dende o primeiro kilometro desfacendose dos seus rivais o ourensan Jose Antonio Paz e o berciano Jorge Baptista, chegando en solitario a meta.
Na mesma carreira haberia un bo numero de atletas locais, entrando no 5º posto Jose Manuel Ramos, seguido de Alberto Asensio, 6º. Oscar Ramos, que se estrearia coma atleta do ADAS remataria 8º e Javier Fernandez 9º.

Na carreira do 3.500 m. (unha volta o circuito) os mais rapidos en chegar a meta foron os atletas locais Cristofer Prieto (1º cadete) e Agustin Gonzalez (1º infantil) a primeira muller sería a xa citada Iria Fernandez do OAAP e a primeira veterana M-35 debemos destacar a Mª Jose Trincado do ADAS e a sua filla Monica 3ª na carreira Absoluta feminina.
Na categoria cadete feminino a vitoria foi para a valdeorresa Sheila Fernandez do OAAP acompañada de Maria Gonzalez e Samantha Rodriguez ambas atletas do ADAS.
Na categoria de veteranas W-45 o podio foi para o ADAS, o primeiro posto, foi para Carmén Exposito, que de esta forma estreabase co noso club, segundo posto foi para Raquel Parra e o terceiro para Gema Sanchez.
En veteranos homes Miguel Angel Gonzalez, 3º en M-55 e Manuel Garcia 1º en M-65.
En xunior masculino 1º posto para o trivés Javier Vieites.

As carreiras de nenos celebraronse nas pistas de atletismo do Estadio Municipal de Calabagueiros, na categoria alevin feminino o podio foi para as atletas locais Emma Lopez, Ana Garcia e Maria Fernandez, en nenos, o primeiro e o segundo posto foron para os atletas de Viana do Bolo, Juan Bembibre e Iago Gracia.
Na categoria Benxamín dominio para os atletas locais, en feminino impusose Isabel Sousa seguida de Iria Santosen a terceira sería a atleta de Viana Yoeli Fernandez, en homes, espectacular carreira de Roberto Trincado e Cesar Arias ambos do noso club.

Destacar a numerosa participación de atletas do Club Alegria de o concello de Viana do Bolo e tamen a toda unha institucion e un exemplo coma a presencia na nosa carreira de D. Julian Bernal.

RESULTADOS




Nas fotos os podios Absolutos mulleres e homes .

No hay comentarios: