domingo, 21 de diciembre de 2008

RESULTADOS

FASE FINAL LIGA CAIXANOVA
A Coruña 20 de decembro do 2008

"OS VALDEORRESES DESTACARON NO TROFEO CAIXANOVA"

6 Ouros, e 5 pratas, foi o balance dos nosos atletas no Trofeo Caixanova, disputado o pasado sábado en Riazor.
Aparte das medallas, temos que destacar os Récords Galegos de Emma López (50 m.l. e lonxitude alevin feminino) e Daniel Glez. Devesa en 2000 m.l. infantil masc. en p.c.
Todos os nosos atletas masc. e femininos competiron a un altísimo nivel conseguindo postos de honor os seguintes:
MARIA GONZALEZ OURO EN ALTURA,LONXITUDE E PERTIGA INF.
LUCY ASHCROFT, PRATA EN 50 M.V. INF.
DANIEL GONZALEZ DEVESA, PRATA EN 2000 INF.
PABLO MARQUES, PRATA EN 1000 INF.
JAIME GARCIA,OURO EN ALTURA E PRATA EN 50 M.V. INF
DESIREE GOMEZ, 1ª EN 1000 INF. FEM.
EMMA LOPEZ, OURO EN 50 M-L- E PRATA EN LONXITUDE ALEVIN.

Sen embargo, todos estiveron a un gran nivel. @s
nos@s fondistas,Violeta, Angela, Dani Mtnez,Guti,Ivan,Luis e Raúl.
Os nosos infantís, Marcos,Deborah e Ana Isabel e Yoli.
Os nosos Alevíns,Kevin, Avelino Manuel e Jack.
Desde esta entidade deportiva queremos felicitar a todos os compoñentes do equipo así como os seus familiares, que en todo momento estiveron acompañando e animando os seus cativos e cativas. Queremos destacar o pundonor de todos e todas na disputa das suas probas, así como a súa humildade e traballo diario.Por último, parabéns os adestradores, que seguen a encamiñar os nosos atletas polos derroteiros da deportividade e do traballo humilde e diario.

O balance xeral foi moi positivo, e agora queda todo o campo a través, no que a gran cita será o Memorial Alejandro Lorenzo.


RESULTADOS

No hay comentarios: