O fin de semana celebrase a 2ª San Silvestre de LLoret, unha proba organizada polo atleta internacional coa seleccion española, Jose Luis Blanco, asiduo a nosa terra, Valdeorras.
Tres atletas do club, Alberto Asensio, Javier Fdez. Vega e Manuel Rodriguez acudiran ata Lloret, para participar nesta proba que ten un gran e luxoso cartel de atletas e onde tamén participará a atleta valdeorresa Eva Arias, pero en condición de local, xa que ela vive en Lloret.
MAIS INFORMACION
VARIAS ATLETAS DO ADAS NO CONTROL DO DIA 27 NO MODULO.
O vindeiro sábado día 27 de Decembro, sábado, dispútase no Módulo de Ourense o 1º control de pista cuberta que organiza a Delegación de Ourense, coa colaboración do Concello de Ourense.
Varias son as atletas que se acercarán a comprobar o seu incipiente estado de forma. María González en 60 valados cadete e lonxitude. Leticia Gil en 60 m.valados,60 e lonxitude, así como Lucy Ashcroft e Deborah Loertscher en 60 valados cadete fem. tamén se espera a participación de outros atletas de categoría masculina.
REGULAMENTO
O proximo domingo, Ponferrada celebra a sua particular, San Silvestre Berciana.
A proba dará comenzo a 6 da tarde coas probas nas categorias menores e o final será a carreira popular que percorrerá a seguintes ruas del Castillo, España y Pérez Colino e os atletas poderán facer unha, duas ou as tres voltas do circuito.
E será importante a participación de atletas do club, onde a organización espera batir o record de participantes.
MAIS INFORMACION
No hay comentarios:
Publicar un comentario