O ADAS PROINOR CAMPION PROVINCIAL ABSOLUTO MASC. POR EQUIPOS NO CAMPO A TRAVES.
Celebrouse no circuito de "O Aguillon" en A Rúa unha nova edición do Campionato Provincial de campo a través, tanto nas categorías de Veteráns como nas de Absolutos.
O equipo valdeorrés, con prácticamente todolos seus efectivos, foi profeta na súa terra e acadaba un contundente triunfo na categoría masculina absoluta por equipos, mentras que acadaba o sub-campionato na absoluta feminina.
No plano individual excelentes estiveron José M. Ramos e Gilberto Alvarez, que brindaron un apaixoante espectáculo por riba do barro e os charcos. O final, este sería o orde de chegada na meta, seguidos dun combativo Manuel Prieto. Destacar o bo comportamento de todolos membros do equipo, tanto masculinos como féminas.
En canto a estas últimas, o ADAS completaba, por 1ª vez na súa historia, un equipo absoluto feminino, estando todas as compoñentes a unha gran altura. Mónica Trincado sería a 1ª en entrar en meta, sendo 8ª absoluta e 1ª xuvenil, seguida da súa compañeira de equipo, Mª José Diéguez, que acadaría a 2ª posición en w-35. Na categoría junior, 2ª sería Angela Rodríguez.
En canto os veteráns, houbo triunfos para Manuel Prieto, en M-35, 2º foi Capelo en máis de 45 anos, 4º sería
Miguel A. Ordóñez en M-55 e 3º Manuel García en M-65.
Destacar tamén o bo traballo tanto da organización como dos xuices, nun día moi complicado polas condicións metereolóxicas.
RESULTADOS
2 comentarios:
A verdade é que para as condicions meteorolóxicas que había saiu todo bastante ben. É de agradecer o traballo das persoas que participaron na organización da proba, voluntarios e xuices porque aturar ese tempo sin moverse ten moito merito tamén.
Moitas gracias polas fotos.
Por si a alguén lle interesan as carreiras de montaña que lle bote un ollo a esto.
Publicar un comentario