martes, 10 de febrero de 2009

RESULTADOS

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CAMPO A TRAVES
C.D. Monterrei, 7 de Febreiro de 2009

"MIRIAM ARES E DANIEL GONZALEZ, CAMPIONS PROVINCIAIS ESCOLARES. "

Celebrouse o Cpto. Provincial de Campo a Través escolar en Monterrei (Pereiro de Aguiar) e unha vez máis os nosos cativos e cativas volveron a estar nas primeiras posicións.
Este ano, ademáis, debemos felicitar os nosos socios de A Limia, porque sin lugar a dúbidas foron os grandes triunfadores de este Campionato Provincial, ben integrando os equipos do ADAS, ou ben integrando a A.D. A Limia.
No plano individual, destacaremos os títulos provinciais dun inconmensurable Daniel González e de unha felizmente recuperada para o atletismo, Miriam Ares. Primeira sería tamén Aida Martínez en alevín. Houbo tamén un sub-campionato, o do limiano Javier Rivero, así como dous terceiros postos, os de Roberto Trincado en benxamín e o de Lucy Ashcroft en cadete. Por equipos, festival da Limia en pequenos, cos títulos de Benxamín Femenino e Alevín Femenino, mentres eran 2º en Benxamín Masculinos e 3º en Alevín Masculinos. En infantiles, o ADAS acadaba títulos en feminino e masculino, mentres eran 3º en cadetes feminino e masculino.


RESULTADOS

No hay comentarios: