LETICIA GIL E LORENA GUITIAN OURO, PRATA E BRONCE NO GALEGO ABSOLUTO DE PISTA CUBERTA.
O Club ADAS PROINOR acada 3 medallas no Campionato Galego Absoluto de pista cuberta.
Leticia Gil, co seu ouro en 50 m.v. e o seu bronce en altura sería a atleta mais laureada. Pola súa banda, Lorena Guitián acadaba a prata no salto de altura.
Outra cadete, María González obtiña un excelente 4º posto en salto de altura. Outros participantes foron Olveira en 50 m.l. que chegou ata a semifinal e Ferradanes que milloraba a súa marca en triple.O veterán Xulio Ventín sería finalista en peso e en pértiga.
RESULTADOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario