jueves, 19 de febrero de 2009
COMPETICIÓN
O próximo fin de semana celebrase os últimos Campionatos Galegos de campo a través.
O sábado en xornada de mañá celebrase en Lugo o Campionato Galego Escolar, reservado as categorías alevin, infantil e cadete, tanto por equipo coma por individual e so participaran aqueles que se clasificaran nas respectivas fases provinciais.
O club participará coa categoría infantil homes e mulleres e con algún atleta invitado na categoría cadete.
REGULAMENTO
O domingo tócalle o turno o equipo sénior de campo a través.
O circuíto de A Torre de Hércules en A Coruña acollerá o Campionato Galego absoluto de cross, onde estarán os mellores especialistas galegos e os nosos atletas tentaran defender o histórico 3º posto conseguido o ano pasado en Santiago.
Ata A Coruña desprazarase Gilberto Alvarez, Manuel Prieto, Jesus Fernández, José Manuel Ramos, Alberto Asensio, Javier Fernández, Tomás Fraiz, Oscar Ramos, Borja Rey e Víctor Conde todos eles na categoría sénior, tamén participaran Angela Rodríguez na categoría xunior e Cristina Alves na sénior.
Tamén haberá participación de outra valdeorresa na categoría xunior, Cristina Fernández co Ourense Atletismo.
REGULAMENTO
CIRCUÍTO
ATLETAS INSCRITOS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario