"CLUB DE ATLETISMO DECANO DA PROVINCIA DE OURENSE"
lunes, 23 de febrero de 2009
RESULTADOS
CTO. GALEGO CROSS ESCOLAR XUNTA DE GALICIA LUGO 21 DE FEBREIRO DO 2009 "OS INFANTÍS DO ADAS NON PUIDERON SUBIR O PODIO NO GALEGO ESCOLAR DE CROSS"
Celebrouse o pasado sábado unha nova edición do Galego escolar de Campo a Través, na cidade de Lugo. Ata alí acudiron, como nos últimos anos, os cativos e cativas do ADAS , que estiveron novamente cerca de subirse ó podio. Na categoría masculina, fixeron todos unha boa carreira e tan solo o catarro de algún dos compoñentes do equipo impediu que subiran de novo ó podio. O 4º posto final do equipo non reflexa o verdadeiro potencial dos entusiastas rapaces.Destacaron a título individual tanto Daniel González como Ayoub. Nas féminas a cousa non foi tan ben e o final tivéronse que conformar co 6º posto. Houbo tamén participación valdeorresa en cadete masculino cunha boa actuación de Javi Rivero, así como a aportación, unha vez máis de Tania Prieto en cadete feminino.
No hay comentarios:
Publicar un comentario