sábado, 14 de febrero de 2009

COMPETICION

O ADAS PROINOR TENTARA CLASIFICAR OS EQUIPOS CADETES PARA O CTO. DE ESPAÑA DE CAMPO A TRAVES.
Sen dúbida o equipo de Cross corto masculino e os equipos cadetes feminino e masculino serán as grandes bazas do ADAS no Cpto. Galego de Cross por equipos que se celebrará en Ourense. Os equipos valdeorreses esperan clasificar os dous equipos cadetes para o Cpto. de España , así como tentar alcanzar algún podio no "Alejandro Lorenzo". As baixas por gripe e catarros serán o gran hándicap dos valdeorreses, que teñen en Míriam Ares, Javier Rivero e Daniel González, as esperanzas para os podios individuais.

No hay comentarios: