martes, 8 de diciembre de 2009

COMPETICION

X CARREIRA EXPOURENSE-MEGAXOVE
Ourense 8 de decembro do 2009

OS ATLETAS DO ADAS-PROINOR EXCELENTES NA CARREIRA MEGAXOVE.
VICTORIAS PARA ISABEL SOUSA, ERIK FERNANDEZ, DANIEL DEVESA, JAVIER RIVERO E TANIA PRIETO NAS SUAS CATEGORIAS.

Celebrouse unha edición mais da Carreira Megaxove, nas inmediacións de Expourense.
Ata alí se acercou unha grande representación do noso clube, que participou en todalas categorías.
Destacan os triunfos dos cativos, Erik Fdez, en masculino e Belén en femenino, que caiu a poucos metros da meta e sólo poido ser 2ª.
En canto a categoría benxamín, dominio espectacular de Isabel Sousa, mentras en alevíns cumprian Lucía e Roberto.
Xa na categoría infantil, 3º posto para Ana Arias e excelente as representantes do clube que en mais de 10 acudiron a cita. Xa na carreira masculina, o mellor foi Ivan Domínguez, no posto 8º. Sen dúbida unha das carreiras esperadas foi a de categoría cadete, na que Lucy era 3ª e Daniel Devesa vencería , Ayoub e Guti ocuparon o 2º e 3º posto.
En xuvenís os atletas do clube ADAS non diron opción e os limianos Javier e Tania vencían con certa comodidade. Excelente tamén Anxo, que foi 4º.
Nas categorías de veteráns, destacar o 4º posto en veteráns B de Jose Antonio Capelo, e as 6ª, 7ª e 8ª postos de Mª Angeles Tato, Mª José Diéguez e Mª José Arias respectivamente.

RESULTADOS

CARREIRA ABSOLUTA
RESULTADOS
CARREIRA CADETE-XUVENIL
RESULTADOS MASCULINOS
RESULTADOS FEMENINOS
CARREIRA ALEVIN-INFANTL
RESULTADOS MASCULINOS
RESULTADOS FEMENINOS
CARREIRA BENXAMIN
RESULTADOS
CARREIRA CATIVOS
RESULTADOS

No hay comentarios: