martes, 12 de enero de 2010

RESULTADOS

III 10 QMS. VILA DE XINZO DE LIMIA
Xinzo 10 de xaneiro do 2009

Cunha temperatura de 0ºC e xusto antes de que comenzara a nevar, celebrouse en Xinzo a popular de inverno para categorías menores e a 3ª edición dos 10 kilómetros de ruta que foron capaces de rematar 411 atletas malia o tremendo frio que fixo.

A carreira de menores foi gañada por un pletórico Dani Devesa seguido de Ayoub. Pablo Marques entrou cuarto. En rapazas Lucy foi a primeira que cruzou a meta. Jeysy Favarao chegaba segunda na carreira infantil mentras Nuria era 5ª. Jack remataba 6º entre os infantiles.

Nos 10 km, o mellor dos nosos foi o atleta Epidio Gomez no posto 13º seguido de Alberto Asensio entraba en 17º posición cun tempo de 36:44, moi aceptable tendo en conta a xélida mañá limiana. Tomás Fraiz entraba no posto 164. Espectacular Javier Rivero, que con a penas 15 anos cumpridos e no seu primeiro dez mil entraba vixesimonoveno da xeral cun tempo de 37:19. Os tamén xuvenís do ADAS de Xinzo Anxo Quintairos e Martín Abad remataban nos postos 53º e 104º respectivamente. A tamén xuvenil Tania Prieto era a 17º fémina en chegar marcando un tempo de 50.32.

Fotos: Daniel Devesa (arriba) y Tania Prieto (abajo)



A REFLEXIÓN DE ...

Texto escrito polo atleta de Xinzo Javier Rivero:

A carreira de Xinzo e un descontrol porque na categoria xuvenil foi a unica que non tivo premio os tres primeiros.
Foinos de boa axuda un entreno do xoves de 20 km. no ke o 9 e o 10 foron de subida.
O quecemento fixemolo o sabado dia 9 en Monterrei onde Martin e mais eu fixemos un 800 m.l e 400 m.l e Anxo fixo un 3000 m.l. axudounos a adaptarnos ó frío que fixo oxe.
Gustame correr cos maiores porque non dan tantos tirós coma nos e levan un ritmo máis constante.
Para o ano quero quedar o primeiro de Xinzo e entre os 10 primeiros da carreira e algun día espero ganar e batir o record.
O proximo domingo a ver si sae unha boa carreira en Oira para todos os atletas do ADAS e nos clasificamos para o Campionato de España de cross. En canto o futbol prometolle a Manolo e a Tinin non xogar un partido o dia antes do cross nin do Galego de pista cuberta. Javier Rivero é atleta xuvenil do ADAS. Vive en Xinzo, onde adestra con outros rapaces da comarca da Limia dirixidos polo profesor de educación física e colaborador do clube Manolo Castro.

3 comentarios:

xorga dijo...

No hay que olvidarse que Elpidio tambien participo, siendo el 13º, felicitar a Javier Rivero que dentro de poco me apretara, ademas de Dani y Ayoub.

xorga dijo...

se me olvido comentar que la marca del 800 del otro dia tambien fue bastante buena teniendo en cuenta las fechas y la temperatura, tambien el 400... asi que ya eres un posible candidato al relevo del 4x400 del gallego de clubes, que este año con faya tenemos que hacerlo mucho mejor que los años anteriores....

tito dijo...

!!!Vaya fotos¡¡¡