XXVII COPA DEPUTACIÓN ATLETISMO EN PISTA
1ª xornada Modulo cuberto de "Os Remedios" 8 de xaneiro do 2010
2ª xornada Pistas "Josefina Salgado" 9 de xaneiro do 2010
O pasado fin de semana deu comezo, un ano mais, a "Copa Deputación" con duas xornadas, a primeira no modulo cuberto de Os Remedios onde destacariamos algunha das marca realizadas polos nosos atletas, nos 60 m.l o atleta pontevedrés Jose Manuel Ferradanes (M-35) pararia o crono en 7"87 na mesma proba Vicente Fontan (Xuv.) faría 8"03 e Manuel Alvarez (Xuv.) 8"09.
Lorena Guitian (Xuv.) faría os 60m. valados realizando a mellor marca 9"77, e as suas compañeiras Lucy Ashcroft (Cad.) 10"29 e Maria Gonzalez (Cad.)10"46.
No salto de altura Lorena Guitian saltaría 1'59 m., Maria Gonzalez faría 1'53 m. nesta proba tamen participaría o atleta pontevedrés Xulio Ventin (M-45) cunha marca de 1'45 m.
Manuel Alvarez realizó unha marca de 5,70 m. no salto de lonxitude, acompañariao Jose Manuel Ferradanes e Vicente Fontan, 5,47 m e 5,32 m. respectivamente.
Xa na 2ª xornada nas pistas de atletismo do complexo deportivo de "Monterrei" na proba dos 3.000 m.l participaría Anxo Quintairos (Xuv.) 10'36"97, Daniel Gonzalez (Cad.) 10'40"12 e Agustin Gonzalez (Cad.) 10'59"13. nos 800 m.l dominio de Javier Rivero (Xuv.) cunha marca de 2'07"66 e Martin Abad (Xuv.) 2'17"50.
Miriam Ares (Cad.) participaría nos 600 m.l facendo unha marca de 1'58"76.
Boa marca para Javier Rivero na proba dos 400 m.l onde pararía o crono 55"99 e Martin Abad, na mesma proba, 1'00"87
RESULTADOS MODULO
RESULTADOS PISTA
No hay comentarios:
Publicar un comentario