200 PARTICIPANTES NA 1ª XORNADA COMARCAL DO PROGRAMA "XOGANDO O ATLETISMO" CELEBRADA O DIA 14 DE DECEMBRO EN A RUA.
Éxito rotundo de participación na 1ª edición do "Xogando o atletismo " celebrado no Polideportivo de A Rúa este martes día 14 de Decembro.
Nenos e nenas dos cloxios M. Respino e Fátima de A Rúa, Julio Guriarán de O Barco e Bibey de Viana, déronse cita en A Rúa para celebrar esta xornada de atletismo eminentemente lúdica.
Disputáronse 2 encontros, un para infantil e 1º de primaria e outro para nenos e nenas de 2º e 3º de Primaria.
A xornada constou dun percorrido por diversos apartados do mundo do atletismo, carreiras, saltos, lanzamentos e relevos.
A proba foi organizada polo Delegación Valdeorresa de Atletismo e contou coa colaboración do Concello de A Rúa, a Secretaria Xeral para o deporte , a A.D. Valdeorras e mailo clube ADAS Proinor. As cabezas voisibles foron sobre todo Raquel e Javier que realizaron unha espléndida labor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario